ernstdj

Günlük

RSS
  • Primavera Sound 2009 (Parte II) (by Ernst)

    8 Haz 2009, 18:10

    Hola amigos, pois aquí seguimos ca crónica do venres no Primavera Sound 2009. Este día como chegamos algo tarde pois non poidemos ver a The Crystal Stilts, grupo admirado polo dono deste blog (eu son colaborador).

    Spiritualized: un gran grupo para empezar o día, fomos rapidamente para coller sitio diante de todo, onde nos encontramos con dous dos compoñentes do grupo galego Mequetrefe (cos que coincidimos en varios concertos). Con unha formación en línea sobre os escenario, os de Jason Pierce alternaron momentos eléctricos con outros acústicos, o primeiros foron simplemente espectaculares con subidas que parecían non ter fin. Ademáis tocaron os seus “hits”, solo se boutou de menos “Electricity” pero non se pode ter todo…. Total que foi un concerto que rozou o sobresaliente vaia.

    Sunn O))): rrrrrruuuuuuuuummmmmmmmm... Creo que sería unha boa definición (no bo sentido) do concerto destes dous chalados (no bo sentido tamén). Un directo de Sunn O))) hai que calificalo como experiencia física, máis que musical. Volumen atronador, columnas de amplificadores, acordes interminables, fume por todos lados, xente escapando…. Dende logo unha experiencia totalmente recomendable, si o fin do mundo tuvera música nada mellor que esta, como se soe dicir “hai que velos”. Que Sunn O))) toquen para 3000 persoas, creo que solo pasa no Primavera Sound. Increíbles.

    The Mae Shi: pódese calificar como directo sorpresa do día, xa que sobre as tablas a súa proposta gañaba moitos enteiros respectoa a disco, moito máis potentes, máis festivos, máis todo. O momentazo foi cando o cantante fixo sentar a todo o mundo no suelo, para ir levantándonos pouco a pouco ó ritmo da música. Faiseme difícil imaxinar un directo de “pop-rock” máis festivo que o deste grupo.

    The Drones: grupo tirando a “clásico”, esto sempre en plan relativo e comparado co resto de grupos do cartel. Neste concerto (e en moitos máis), coincidimos cos nosos colegas de The Telephone Rouges que eran fans deste grupo. Recordáronme en ocasión os grandes B.RM.C., facían un rock moi nese rollo e con moita intensidade. A verdade é que ningún grupo defrauda no Primavera, creo que os únicos que o fixeron (para min claro) foron The Vaselines (que me olvidei de comentar na crónica do xoves), pero supoño que hai que ser moi fan para disfrutalos, eu como fan de Nirvana intenteino pero acabamos marchando na metade do concerto.

    Shellac: OS MELLORES DO PRIMAVERA SOUND 2009, así de claro. Impresionantes. Antes do concerto Steve Albini (ca funda do choio posta) montando e colocando todo, impagable a imaxen. O concerto foi brutal, a guitarra de Albini con ese sonido propio, o batería con eses ritmos nada habituáis e ese baixo repetitivo e (aparentemente) simple, son unha combinación perfecta de ROCK en estado puro e crudo. Eu (en colaboración co meu compañeiro Raúl de Noise Project, e os colegas de Ogrove) hubo un momento que acabei voando sobre a xente cual estrella de rock, foi o momento no que tuvemos que recuar posicións, xa que estar diante de todo era unha tarea realmente agotadora pola leña que se daba por esa zona. E ó final do concerto, como non, Albini volve a poñer a funda e ponse a recoller (¿?). Total, que un 9,87 para o concerto de Shellac.

    Michael Mayer: acabamos a noite con Michael Mayer, referente alemán do “sonido Colonia” e xefazo de Kompakt, un referente do minimal alemán vaia. Ata soltou pinchou unha do gran (e infravalorado) Chimo Bayo, e non Paco Pil como leín por ahí en algún blog, hai cada enteradillo…..

    Pois así acaba esta crónica do que foi o venres no Primavera Sound 09. Próximamente a terceira e última crónica.
  • Primavera Sound 2009 (Parte I) (by Ernst)

    3 Haz 2009, 16:59

    Hola amigos, pois aquí vou facer unha humilde crónica. Sempre baixo un punto de vista totalmente subxetivo e personal. Decir que asistín acompañado dun dos meus compañeiros no grupo Noise Project, Raúl (si, que pasa, facendo publicidade....).
    O xoves chegamos ó recinto aínda ca resaca da Copa da Europa do Barcelona (grandi noite).

    Spectrum: primeiro grupo que vimos, e primeira e inesperada sorpresa. O grupo de Sonic Boom agradoume, máis que nada polos recordos que me traían a os grandes Spacemen 3.

    Lightning Bolt: había que velos, vaia desmadre y vaia todo. Podríamos definilo como hyper-hardcore?, máis ou menos. Sin palabras, remítome ó vídeo.

    Yo La Tengo: o máis destacado foi ese tremendo comezo de concerto cun tema de polo menos 15 minutos, en plan o que se soe ver para acabar os concertos. Parece que está de moda eso de empezar a saco, xa que varios grupos usaron esa "técnica". A anédota foi cando os membros do grupo pararon de tocar, e se acercaron ó borde do escenario para que o público lles quitara unhas fotos.

    The Jesus Lizard: a este grupo púdeno ver (afortunadamente) porque abandonei o concerto de Yo La Tengo antes de tempo (si, que pasa?), e resumindo, foron o mellor grupo "rock" do día. O cantante é absolutamente demencial (pese á veteranía xa do grupo). Saltou varias veces sobre o público armando uns follóns considerables.

    The Bug: debilidade personal, e máis sabendo que era a única nota de dubstep do festival. Semi-directo acompañado dun MC que non defraudou (todo o contrario), solo faltaba un cartel de "Peligro cos baixos" (buuuuuuuuuuummmmmm). O momentazo do concerto foi cando pinchou un temazo dos grandes Techno Animal.

    My Bloody Valentine: hai que recoñecer que posiblemente foran "o grupo" máis esperado. Pero quizáis tiraron demasiado por impresionar cos volúmenes e perdendo algo de "matices", solo había que ver as torres de amplificadores de Kevin Shields, ahí vai a lista para os máis frikis: 1 x Hiwatt, 1 x Vox AC-30 Vintage, 3 x Marshall e 25 doces. O momento de placer/dolor foi unha jam de máis de 15 minutos que se largaron hacia o final do concerto (creo que os que estábamos diante perdemos bastante oído). Non se pode falar de decepción, pero tampouco de concerto inolvidable.

    The Horrors: o grupo rehabilitado (por crítica e público) do ano, gracias a un novo disco nada malo. En directo quizáis perden algo do (gran)sonido conseguido neste último disco, o que nos leva a pensar que pode ser un disco de productor, ó estilo dos de Primal Scream (algo que a mín non me importa en absoluto). Ademáis o concerto foi moi potente e directo.

    Aphex Twin: o rei da electrónica dos 90s, marcouse unha sesión a un volume atronador e pasando por varios xéneros da electrónica: IDM, breakcore, techno.... a saco vamos. Ademáis estaba acompañado dun visuais moi acordes á música (e á hora claro). A forma perfecta de acabar unha xornada de festival. Digamos que foi o equivalente a The Jesus Lizard, pero na electrónica, esto si que é dar caña e non esos DJs de hard-techno (e minimal) que tanto triunfa por esta nosa terra.

    Squarepusher: a continuación (a priori) ideal para o seu amigo Richard, pero Tom marcouse un semi-directo acompañado de baixo e batería reais, un baixón vamos.

    En con esto acabo a crónica desta primeira xornada no Primavera Sound, o mellor festival ó que un servidor asistiu, si, xa o digo agora. Proximamente máis e mellor.